Entradas

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le

Bos días! Boas noticias! Entrades, case, en modo vacacións!!!! Hoxe último Blog da clase! LENGUA ESPAÑOLA PÁGINA 92 "PRESENTAR A ALGUIEN" En vez de a compañer@, presentáis a alguien de la familia. Hacéis los cuatro ejercicios, con enunciados, siguiendo los pasos. Tened en cuenta que siempre, incluso los defectos,   ¡en positivo y sin faltar!! El respeto es el primer valor de la convivencia!! ¿A ver si cuando revise las libretas, acierto de quién se trata? -------------------------------------------------------------------------------- Hoxe  mércores Música; "A iALMA DA VIDA" Mañán, xoves, EDUCACIÓN FÍSICA! e para rematar, o venres, ARTS&CRAFTS! ------------------------ A PARTIR DO LUNS, TENDES VACACIÓNS!! Pasádeo mui ben,  que ben merecidas as tendes, todas e todos!, incluídas as familias!!

Terceiro trimestre (XXXV), M, lg

Olaaaa Tudo ben!? Onte foi a derradeira clase de Mates.  Hoxe toca a derradeira de  GALEGO Páxinas 88 e 89 , Rápida a tartaruga, historieta que muito vos gustou no seu día e que imos aproveitar para   repasar lectura e escritura. Coma sempre, seguimos os seguintes pasos e pautas,  máis facedes algunha tarefa extra: Lemos en silencio, atendendo ao vocabulario e comprendendo o que lemos. Lémosllo en alto, a alguén, con entonación, ben vocalizado e despacio. Agora no caderno.... Inventamos unha oración con cada unha das palabras do vocabulario (páx 89), parte superior dereita. Inventamos tamén unha oración con cada unha das 4 palabras das Dificultades de escritura (páx 89, parte inferior) Copiamos, impecable, con Caligrafía e Ortografía exquisitas,  o penúltimo e último  parágrafos do texto. Finalmente, tendes que escribir un resume da historieta pero coma se fórades vos os protagonistas (en 1ª persoa)  ------------------------------- Martes, English !!!

Terceiro trimestre (XXXIV), L, mm

olaaa bon diaaaa! Última semana de Blog e por tanto de "clases"! Estes días falarei coas vosas familias para combinar un día de entrega  de material pola vosa parte (libros de texto, libretas, tarefas e actividades, destes  tres meses) e recollida  das vosas cousas. ---------- MATEMÁTICAS Páginas 98 y 99 Ejercicios 1-2-3 de la 98 y 1-2 de la 99. Si tenéis alguna duda, está todo en la lección (7) Razonamiento, en la 99, también. ----------- Ide organizando e preparando todo,  ¡que xa sabedes!; "as cousas ben feitas, ben parecen" ateamañán¡

Terceiro trimestre (XXXIII), V, nn

Bos días! Resulta que hoxe é a ultima "clase" de CIENCIAS NATURAIS,   e por ser a última vai ser distinta, mui distinta.  TAMÉN HOXE É  O DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e  dalgunha maneira ímolo celebrar estando orgullosos do que temos!! Imos participar nunha actividade para todo o Colexio, relacionada cos viveiros de carballo que tiñamos (e temos), no patio, cara á depuradora (dádevos de conta?) Como non podedes vir á escola, ós viveiros, ides celebrar este día na vosa parroquia, e quero que participedes todos e todas!! A actividade coordínaa a mestra Sandra de 6º e Música.  Ten un enlace na Xanela de 6º  e está explicada no  BLOG DO COLE: RECUNCHO FAVORITO!! Tendes até o mércores 10 para a facer, así que non acepto desculpas por falta de tempo!!  ------------------------------ Os venres, Arts&Crafts!! (no English Corner) ---------------------------------------------------- ¡¡Mui boa finde familias!!

Terceiro trimestre (XXXII), X, ss

CIENCIAS SOCIAIS PÁXINA 27 Derradeiro repaso ós mapas, orientación e continentes! Explicación dos exercicios (que faredes cos enunciados): 5.- Ademáis das tarefas do libro, calcades o mapa na libreta. 6.- Consultade globo terráqueo ou mapamundi. 7.- Ademáis das tarefas do libro, debuxa  a paisaxe no caderno. 8.- Buscade en Internet. "Demostra o teu talento"       Nada de escoller! Facedes as 3 tarefas, A_B_C!         A.- Tendes que utilizar Internet.         B.- Pode valer un plano do voso entorno.         C.- Dende o teu punto de vista. ----------------------------- OS XOVES, TAMÉN  ¡¡ EDUCACIÓN FÍSICA!!

Terceiro trimestre (XXXI), Mé, le

LENGUA ESPAÑOLA PÁGINAS 90 y 91. Repasamos poesía .... RINCÓN DE POESÍA Leemos las poesías, todas, en silencio primero y despues en alto; con entonación!!, ritmo y alegría!! Que se note que es una poesía!! No os olvidéis de leer también el autor o autora. Antes de poneros con los ejercicios, copiáis el "rec". Los ejercicios que tenéis que hacer, con enunciados, son: 1-3-4-5. _________________ Os mércores, "A ialma da vida" ateamañán¡¡

Terceiro trimestre (XXX), M, lg

Bon diaaaa!! Espero que os problemas de Mates de onte estean máis que superados ....! Hoxe.. .. LINGUA GALEGA PÁXINA 84 As famosas instruccións! Lembrades?, .... en clase: "atención, atención vou dar instruccións! Todas e todos atentísimos para saber o que tendes que facer e cómo facelo"¡¡ Pois iso, é un SABER FACER mui sinxeliño. Ledes a mini-introducción e facedes no caderno de Galego os catro exercicios, con enunciados, boa letra, planificación, organización, limpeza .... e ¡nada de chafalladas !!  ------------------------------ Os martes, " The English Corner"!! --------------------------------------------------- Ateamañán¡¡