terceiro trimestre (II)

Seguimos repasando ...
Lembrade as palabras máxicas tantas veces repetidas: atención, concentración, calma... e como ben dí o refrán, sen présa pero sen pausa!!

Igual que en Mates, e mañán en Español, poñemos a data na libreta correspondente, deixando un par de pautas con respecto do dia anterior, e escribimos as referencias (páx e exerc) do que se vai facer,  cópianse os enunciados e procedemos.
Non esquecer unha boa presentación, organización e planificación...  (nada de chafalladas!)
-------------

GALEGO TEMA 6 (LIBRO 2º TRIMESTRE)

MOVÉMONOS! (Na páxina 72)

Abaixo á dereita está o BANCO DE PALABRAS (palabras en Galego relacionadas co corpo humano): comprobade que as coñecedes todas, e se non, investigades o significado.

Abaixo á esquerda, tedes que  ler en alto as preguntas e responder oralmente, en galego,   referíndovos ó debuxo. Procurade contestar utilizando as palabras do BANCO,  para practicalas e ilas aprendendo.

Finalmente, imos elaborar frases ou oracións, con cada unha das palabras do BANCO (son12).
Lembrade a miña insistencia en clase para que sexan creativas, orixinais, con sentido e fuxindo do pronome "eu" e do vertbo "ter". Escribídelas na libreta, unha por pauta e ¡ollo! coa marxen.
-----------


SE CHE VAI “SOBRANDO”  TEMPO, PODES FACER TAMÉN ALGO DOS BLOGUES DE INGLÉS, MÚSICA OU EDUCACIÓN FISICA!!
ATÉAMAÑÁN!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XVIII), X

Terceiro trimestre (VI)

Terceiro trimestre (VIII)