Terceiro trimestre (IX)

que aproveite !!
Avanzamos no repaso de ...
GALEGO
Libro Segundo Trimestre
Páxinas 74 e 75.
"Tarde de sábado"
Xa sei que xa o lemos!!, pero tamén sabemos que polas circunstancias sanitarias que estamos vivindo temos instruccións para repasar, ampliar ou recuperar, dependendo de cada caso; así que a poñelas pilas e a traballar!!

Primeiro lemos o texto individualmente, "en silencio", con atención, concentración, "metidos" no conto, ensimismados,  e dunha vez. Reparade nas palabras "difíciles" do cadro superior dereita.
A continuación lemos en alto, dirixíndonos a alguén que nos escuite con interés, dunha vez, con soltura, cuidando muito a entonación, tendo en conta interrogacións e admiracións, comas, puntos, ... ; xa sabedes!!!
Se a lectura en alto dalgún parágrafo nos sae "mal", repetímola!!

A continuación pasamos á páxina 76,
COMPRENSIÓN
Facemos os exercicios todos, escritos, copiando enunciados.
No exercicio  6, comentas, ¡pero  por escrito!
----------------------------------------------------------
Venres (1º de maio), sábado e domingo, facemos "ponte".
Non colgaremos nada nos Blogues.
Inda así, se algún ou algunha  tedes algo pendente, ou vos apetece facer algunha cousa divertida dos blogues, ¡avante toda!!
"Boa ponte" e até o luns!!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le

Terceiro trimestre (XII) Mé

Terceiro trimestre (XXIV), L, mm