Terceiro trimestre (V)

ola, ola, caracolaaaaaa!!
Boas tardes nenas e nenos!

CIENCIAS NATURAIS
Despois de muitas voltas, e como non tendes os libros de Naturais, aínda, na casa, cólgovos un par de videos  DE AVES, QUE NON PÁXAROS, deses que sabedes me gustan a mín.
O traballiño que vos propoño é sinxelo e só require algo de investigación ou consulta.

Con respecto ó primeiro vídeo, un galo lira imitando as pistolas de xoguete dos nen@s, con tal de que o disfrutedes e vos deades de conta do que poden chegar a facer algunhas aves co seu aparato  fonador...  doume por contente!!
A ver se vós sodes capaces de igualar ó  galo lira na súa imitación??



En canto aos petos ("paxaros carpinteiros"), aves comúns polos bosques de Fornelos de Montes, unha vez visionado o vídeo con atención e concentración, nos vai servir como exemplo de VERTEBRADO, CLASE AVES, que estabamos estudando cando as clases foron suspendidas, polo que xa sabedes.

Nunha libreta, e coa axuda de alguén, ou consultando e investigando pola vosa conta, contestades ás seguintes preguntas ou facedes estas actividades:

1.-Por qué as aves son Vertebrados (características dos vertebrados)

2.-Por qué os petos, son AVES? (características das aves)

3.-Supoño que algo aprenderías dos petos... Elabora un pequeno texto ou ficha deles (se queres,              podes mirar o vídeo máis unha  vez, pero o texto tes que o facer organizando o que lembres)

4.-Xa vos dixen que os petos son comúns por Fornelos, tanto escuitalos coma velos. Mira a ver se         consigues que algún veciño ou veciña, familiar ou amig@ che conte algo dos nosos petos, calquera     cousiña que saiba por experiencia,  e o  escribes tamén en forma de pequeno texto (non deixes de       dicir quén cho dixo)
----------------------

AHHH
ESQUECÍA...
A fin de semana e días festivos podédela aproveitar para  facer cousas que deixárades pendentes pola semana, ou para pasalo tempo con actividades que realmente vos gusten e vos apetezan.
--------------------

Outra cousa, que me din as compañeiras é que 

OS LUNS E XOVES, LUCIA(EF), COLGARÁ NO SEU BLOG ACTIVIDADES PARA VÓS.
O MARTES FARÁ IGUAL, ANA DE INGLÉS,
E O MÉRCORES, MÚSICA (Sandra)


---------------
Até o luns, que vaia mui ben!!!!


Comentarios

  1. Moi Ben Mestre Pipo sempre intentas sacar o mellor dos demais. Eu sigo pendiente do que nos mandas polo blog.
    Unha aperta moi forte.
    Eloy

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XVIII), X

Terceiro trimestre (VI)

Terceiro trimestre (VIII)