Terceiro trimestre (XIV), V

Bos días!!
Tudo ben?
 Hoxe  facemos... GALEGO 
Libro segundo trimestre, páxinas 78 e 79, clases de sílabas.
Isto sabédelo de sobra! 
Só tendes que lle botar unha ollada ós tipos de sílabas e acento gráfico, para recordar. 
Ó acabardes o repaso, copiades no caderno, a seguir da data, o REC correspondente.

EXERCICIOS, con enunciados, 

1-2-3... non teñen dúbida.

4 e 5 douvos un par de pistas e boas prácticas:
 Contai con  que palabras iguais poden ter  significado distinto dependendo da sílaba acentuada gráficamente.
Investigai qué significa maquinar e xornal.
Tede en conta!!:  boa letra, non faltas, limpeza-curiosidade-organización-planificación,  da libreta.
Esforzarvos por entender os exercicios antes de pedir axuda; "ler para adiante e para atrás", por sectores ou  oracións ...
---------------

Novidades

A 1ª xa a sabedes; no blog "The English corner", Arts and Crafts; ¡¡tendes toda a semana para irdes facendo paseniñamente!!

En Poallando, Letras Galegas, (tarefas voluntarias)
----------
Até o luns!
Boa finde teñades!!


Comentarios

  1. MESTRE TAMOS ESCUITANDO A CACION DE INGLES DOS ESCARAVELLOS. (THE BEATLS).
    ATA O LUNS VOA FINDE.
    QUERIDO MESTRE.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ata os vosos pais van acabar aprendendo inglés ... jjajaja!!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XVIII), X

Terceiro trimestre (XXX), M, lg

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le