Terceiro trimestre (XIX), L

Qué!!??
Foi boa a "ponte"!!??
Agora que xa se van puidendo facer máis cousas fóra da casa, supoño que será todo máis divertido, e pasará o tempo máis rápido. Alédome por vós!!!

Retomamos o ritmo semanal normal... 
Así que a traballar....¡¡¡¡

 GALEGO
Nas páxinas 80, 81 imos facer algo do libro e algo da miña/vosa colleita.
¿¿¡¡Signos de interrogación e de admiración??!!

Isto está máis que sabido, pasamos directamente a practicar!!
Ollo, cuidado coas faltas de ortografía e boa caligrafía e planificación da libreta (curiosa presentación)

Despachamos os exercicios , 1-2-5-6-7, ¡sen enunciados!

A continuación...

O DITADO (8), facemos como en clase. Copiámolo con muita atención, "estudámolo", e a continuación, sen mirar, temos que pedirlle a alguén que nolo dite. Finalmente autocorrexídelo!, vós mesmos, comparando polo libro.

O DITADO ACUMULATIVO (9), igualiño que o anterior (copiar, estudar, que volo diten e despois correxídelo )

Finalmente, unha tarefa de creación e investigación, fóra do libro. 

Escribímola no caderno e chámase ...

"Da nosa colleita!!"
Tendes que inventar, crear con creatividade, con orixinalidade  e  impecablemente...  pensando coa cabesiña!... e escribindo ...
A/ Cinco frases ou oracións de interrogación.
B/ Cinco frases ou oracións de admiración.

E agora buscar, en calquera sitio da casa ou arredores, menos nos libros de texto/cadernos/material escolar, (e copiar na libreta):
C/ Cinco frases ou oracións interrogativas.
D/ Cinco frases ou oracións exclamativas.
-------------------------------------------------------------------


Non deixai de ver, 
no blog POALLANDO,
¡¡AUDIO-VIDEO-CONTO DAS LETRAS GALEGAS,
DO CEIP DOUTOR SUÁREZ!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le

Terceiro trimestre (XII) Mé

Terceiro trimestre (XXIV), L, mm