Terceiro trimestre (XVI), M

Bosdías¡¡
Seguimos hoxe coa representación da Terra...

CIENCIAS SOCIAIS,
Páxinas 20 e 21.
Quero crer que facendo un pouco de memoria sodes quen de saber os 5 océanos e os 6 continentes; facédeo antes de nada!

Despois dese exercicio oral, hoxe téndelo fácil. Botades unha profunda ollada ás dúas páxinas, xa sabedes, con interés e concentración !! Sen deixar de consultar os mapamundi e os recadros dos continentes.

Antes de máis nada, TRABALLA COA IMAXE;
No caderno e con enunciados.
Inda que o próximo día repasaremos os puntos cardinais, lembrade a pista : Norte enriba, Sur embaixo, Leste á dereita e Oeste á esquerda.

Agora observamos con atención os vídeos ....






Poñémonos agora coas ACTIVIDADES (PÁX 21)
Copiades os "Rec" e facedes o 1 e o 2.
Finalmente, facedes o exercicio 4 da páxina 26.
truco da ventana se non tedes outra maneira)

¡¡O resultado final é saber nomear e situar no mapa-mudo os 5 océanos e os 6 continentes!! (alguén vos ten que facer a proba)
---------------------------------------------------

No Blog English Corner
tendes actividades para 3º, non vos esquecer!! 
(7 días para facelas, organizaivos!!)

ATENCIÓN, ATENCIÓN; INSTRUCCIÓNS
Non deixar de debuxar e enviar, antes do xoves, a ilustración 
do conto das pitas de Carvalho Calero
para que 3º  tamén colabore no Audio-vídeo-conto das 
Letras Galegas.
(Blog POALLANDO EN GALEGO)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le

Terceiro trimestre (XII) Mé

Terceiro trimestre (XXIV), L, mm