Terceiro trimestre (XXVII), X, ss

Ola! Bon día!!
todo en orden?
Pois logo hoxe imos facer algo no exterior da casa, onde tamén podedes facer as actividades de "escribir";  É unha gozada nestes días , á sombra dun carballo!!

CIENCIAS SOCIAIS  (Páx 24)
Saber Facer; orientarse e distancias; o plano.




Despois  de visionar os vídeos e ler a pequena introducción para vos "situar" e lembrar a Rosa dos Ventos,  ¡¡que tanto vos gustaba!!  pasades facer os exercicios, todos, con enunciados. 
Xa sabedes, limpos, boa presentación, con curiosidade, .... Con ganas de superarse e facelo ben¡¡
Aclaración a cada un:

  1. Recordade que un compás é unha brúxula.
  2. Non ten dificultades.
  3. Con regla ou algo que faga a súa función.
  4. Tamén non ten dificultades.
  5. Resposta razonada.
  6. Fixarvos ben; parece máis difícil do que é¡¡

O último que tendes que facer,  xa é  da miña colleita.
Nunha páxina enteira da libreta ides elaborar o voso propio plano ou croquis da vosa casa e arredores.

Na LENDA, cambiai os elementos (p. ex., canastro en vez de torre ou bosque en vez de lago ....)
Darvos conta de que o primeiro que tendes que ter claro é a situación dos puntos cardinais reais, vistos desde a vosa casa,  para que despois coincidan no plano.
Non esquecer a "Rosa" e non deixar de debuxar os elementos máis característicos
 (árbores, pozo, casetas, casas próximas, embalse, río ...)
A ver que tal vos queda!!
-------------------------------------------

¡LEMBRAI !
 ¡¡Os Xoves, Educación Física no seu Blog!!

Ateamañán!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Terceiro trimestre (XXXVI), Mé, le

Terceiro trimestre (XII) Mé

Terceiro trimestre (XXIV), L, mm